Buscar este blog

miércoles, 21 de diciembre de 2011

martes, 20 de diciembre de 2011

BO NADAL E FELIZ 2012

E non te esquezas que nestas épocas non é só pedir,
tamén hai que saber dar e compartir


e vinde con gañas, que nos queda moito que aprender

viernes, 16 de diciembre de 2011

NOTICIARIO 6ºB  4


Hoxe son as nosas reporteiras Laura e María, as que nos informan das novas acontecidas no mundo nesta semana. Con este vídeo despedimos o noticiario de 6ºB ata o vindeiro ano. 



BOAS FESTAS E FELIZ ANO NOVO

miércoles, 14 de diciembre de 2011

POESÍA VISUAL

Despois de ver o seguinte vídeo 

LAURA escribiunos unha poesía  

UN PAXARO ESPECIAL


A todos os paxaros lles gusta voar
e sobre un cable de luz quérense pousar
todos protestan por ocupar un lugar
todos se enfadan por poder descansar

De pronto aparece un paxaro especial
todos se apartan ao velo chegar
todos se asustan cando entre eles está
porque ven que o cable  empeza a dobrar

Apertados quedan todos no mesmo lugar
e colgado polas patas está o paxaro especial
todos o picotean para podelo soltar
podendo entre todos o seu obxectivo lograr

Como dun tiracroios despedidos sairán
e ao final o chan logran alcanzar
de cabeza cae o paxaro especial
e sen plumas quedan todos os demais
HOXE, 14 DE DECEMBRO, FAI 100 ANOS DA PRIMEIRA EXPEDICIÓN AO POLO SUR


en inglés


                                                          pulsar imaxe



martes, 13 de diciembre de 2011

CANTO SABEMOS DE...?
pulsa na imaxe... para xogar

A REPRODUCCIÓN

A LUZ E O SON

A ELECTRICIDADE E O MAGNETISMO

viernes, 9 de diciembre de 2011

NOTICIARIO 6ºB  3
Esta semana son David Pacios e Aaron Verissimo os que nos achegan as novas máis importantes


A vindeira semana serán María e Laura as que nos informen

miércoles, 7 de diciembre de 2011

FOTOS MEGAXOVE
Reportaxe fotográfico da visita que o Terceiro Ciclo fixemos a Megaxove. Que ben o pasamos!

POESÍA DE LAURA
O sapo marchoso
- Este quen é?

- Este é o sapo marchoso.

- Isto que é?

- Isto é o micrófono que fixo famoso

ao sapo marchoso.

- Isto que é?

- Isto é o botón

do micrófono que fixo famoso

ao sapo marchoso.

- Isto que é?

- Isto é o adorno

do botón

do micrófono que fixo famoso

ao sapo marchoso.

- Isto que é?

- Isto é o gato

que roubou o adorno

do botón

do micrófono que fixo famoso

ao sapo marchoso.

- Isto que é?

- Isto é o elefante

que esmagou ao gato

que roubou o adorno

do botón

do micrófono que fixo famoso

ao sapo marchoso.

- Isto que é?

- Isto é o cazador

que cazou ao elefante

que esmagou ao gato

que roubou o adorno

do botón

do micrófono que fixo famoso

ao sapo marchoso.



viernes, 2 de diciembre de 2011

NOTICIARIO 6ºB  2 

Hoxe, son Vera, Sara e Diana as que nos achegan as novas máis importantes acontecidas durante a semana.



para a vindeira semana serán os reporteiros David Pacios e Aaron Verissimo os que nos informen
2012.- ANO DE CELSO EMILIO FERREIRO
O vindeiro ano 2012 foi nomeado ANO CELSO EMILIO FERREIRO, en homenaxe ao escritor celanovense de lingua galega, e un dos máis importantes da nosa literatura. Con tal motivo participaremos en diversas actividades que se desenrolarán ao longo deste curso, tanto en Ourense como en Celanova.
A continuación temos información sobre o mencionado e afamado autor

biografía



Rap de Deus ke te crew, baseado no poema de Celso Emilio : "Deitado frente ao mar"
TÁBOA PERIÓDICA

Aínda que ata Segundo de ESO non imos traballar con ela, non está de máis ir coñecendoa.

pulsar sobre a imaxe

TRABALLO DOS MINERAIS
Pulsando en cada imaxe, irás a unha páxina web que ten información útil para a realización da ficha do mineral para Coñecemento 






está en inglés

jueves, 1 de diciembre de 2011

VISITA A MEGAXOVE
O vindeiro día 7 de decembro, o Terceiro Ciclo en pleno iremos de visita e diversión a MEGAXOVE.


pulsa na imaxe para enterarte de máis

NON ESTÁ PERMITIDO ABURRIRSE... A PASALO BEN!!!!