XEOGRAFÍA DE AMÉRICA
América esténdese polos dous hemisferios. Está separada de Asia polo estreito de Bering
O relevo de América
En América predominan as grandes cadeas montañosas e as grandes chairas.
O oeste do continente está ocupado, de norte a sur, por longas cadeas montañosas, como as Montañas Rochosas e os Andes, onde está o Aconcagua, o pico máis alto de América.
O centro do continente está ocupado por chairas.
En América tamén hai grandes mesetas, como Patagonia, e algunhas penínsulas, como as de Alaska ou Florida. Entre os seus desertos destaca o de Atacama
Entre os arquipélagos destacan as illas do Ártico, as Antillas, as Bahamas e as Malvinas. Ademáis, hai grandes illas como Groenlandia e Terra Nova.
Os climas de América
As terras de América case se estenden dendo o Polo Norte ata o Círculo Polar Antártico. Por esa razón, neste continente encóntranse todos os tipos de clima
Os ríos e os lagos de América
Os ríos americanos verten as súas augas a tres océanos: o Atlántico, o Pacífico e o Ártico.
Son ríos logos e moi caudalosos, destacando o Amazonas, o Mississippi-Missouri, o Orinoco e o Paraná.
Os lagos máis importantes son o Superior, o Hurón, o Michigan e o Titicaca
Algúns países e as súas capitais
HAITI capital Puerto Principe PERÚ capital Lima
PARAGUAY capital Asunción BOLIVIA capital La Paz
REP DOMINICANA capital Santo Domingo COLOMBIA capital Bogotá
URUGUAY capital Montivideo CHILE capital Santiago
CANADÁ capital Ottawa EEUU capital Washington
MÉXICO capital Ciudad de México CUBA capital La Habana
VENEZUELA capital Caracas BRASIL capital Brasilia
ARGENTINA capital Buenos Aires ECUADOR capital Quito