Blog da clase de 6ºB do Colexio LuÍs Vives Ourense
Buscar este blog
viernes, 25 de mayo de 2012
O IDIOMA MÁIS DIFÍCIL DO MUNDO
Será o galego a lingua máis difícil do mundo, tal e como nos di Sechu Sende no seu libro "Made in Galiza"?
Ou, que tardemos tanto en falalo, se chegamos a facelo, será debido a algún xen alieníxena ou a algunha alteración no noso xen da vergoña?
NON TODO VAI SER ESTUDIAR...
David e Fabián fálannos dun dos seus xogos preferidos, The legend of Zelda: Ocarina of time 3D, coñécelo?
UN DÍA ... UNHA VERBA
COGOMELO: Fungo que ten un pé ou talo rematado nunha especie de sombreiro, do cal existen varias especies que poden ser comestibles ou non
castelán: seta inglés: mushroom
catalán: bolet francés: champignon
euskera: onddo alemán: Pilz
jueves, 24 de mayo de 2012
XEOGRAFÍA DE EUROPA
Como andamos de xeografía europea? Atreveste a autoavaliarte?
Pulsa na imaxe, e sorte...
UN DÍA ... UNHA VERBA
GAIOLA:Caixa feita de arames, barras ou paos, para ter dentro animais, especialmente animais salvaxes e paxaros
castelán: jaula inglés: cage
catalán: gàbia francés: cage
euskera: kaiola alemán: käfig
miércoles, 23 de mayo de 2012
APRENDENDO DOS MAIORES
A madriña de Fabián ensínanos unha canción tradicional
COUSAS
E as Letras Galegas non serían letras, e moito menos galegas, sen Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, escritor, político, médico, debuxante, pensador... pero sobre todo galego e pai do Estatuto de Autonomía e da conciencia galega de país.
A continuación unha pequena homenaxe con dous dos seus relatos do libro Cousas
UN DÍA ... UNHA VERBA
NOITE: Período de tempo que vai desde a posta ata a saída do sol. A noite está clara porque hai lúa. Pasou toda a noite de festa, sen durmir nada. ANT. día. s Á noite, de noite, pola noite.loc. adv.Durante a noite. / Boa(s) noite(s). Fórmula que se emprega para saudar e despedirse pola noite ou cando se vai deitar un. / Facer noite nun sitio. Parar nun sitio para durmir. / Noite cerrada, fecha,fechada, pecha, pechada. Noite de todo, momento ou hora en que se extinguiu totalmente a luz do día. Cando veu de volta xa era noite pecha. /Noite e día. loc. adv. Sempre, seguido.
castelán: noche inglés: night
catalán: nit francés: nuit
euskera: gaua alemán: Nacht
martes, 22 de mayo de 2012
UN DÍA ... UNHA VERBA
NOCELLO: 1. Parte saínte dos ósos que forman a articulación da perna co pé. Levou un golpe no nocello xogando ó fútbol. SIN. tornecelo. 2. Parte saínte da articulación do pulso ou dos dedos. Petou á porta cos nocellos. SIN. cotelo, cotobelo. Esta pulseira máncame no nocello.
castelán: tobillo inglés: ankle
catalán: turmell francés: cheville
euskera: orkatila alemán: knöchel
lunes, 21 de mayo de 2012
CONTO COLECTIVO
Seguindo coas Letras Galegas, no seguinte vídeo querémoslle rendir homenaxe a un dos máis grandes escritores galegos contemporáneos, CARLOS CASARES, autor entre outras moitas obras, do famoso conto "A GALIÑA AZUL"
UN DÍA ... UNHA VERBA
BOLBORETA: Insecto pertencente á orde dos lepidópteros, que ten dous pares de ás de variadas e vistosas cores cando é adulto
castelán: mariposa inglés: butterfly
catalán: papallona francés: papillon
euskera: tximeleta alemán: Schmetterling
sábado, 19 de mayo de 2012
POESÍA VIRTUAL
Alex recítanos unha das poesías de Rosalía de Castro máis musicalizadas, "Negra Sombra"
viernes, 18 de mayo de 2012
UN DÍA ... UNHA VERBA
POMBA: ave doméstica de tamaño medio, dedos libre e mandíbula superior abovedada
castelán: paloma inglés: pigeon
catalán: colom francés: pigeon
euskera: usoa alemán: Taube
jueves, 17 de mayo de 2012
UN DÍA ... UNHA VERBA
VERMELLO: Da cor do sangue; encarnado, rubio.
castelán: rojo inglés: red
catalán: vermell francés: rouge
euskera: gorria alemán: rot
miércoles, 16 de mayo de 2012
UN DÍA ... UNHA VERBA
ANDORIÑA:Paxaro de cor negra tirando a azul pola parte de riba, branca por baixo e vermella na testa e na gorxa, coas ás acabadas en punta e a cola longa e gallada, que emigra a países de clima máis suave no inverno, pasando aquí a primavera e o verán.
castelán: golondrina inglés: swallow
catalán: orienta francés: hirondelle
euskera: irentsi alemán: Schwalbe
martes, 15 de mayo de 2012
UN DÍA ... UNHA VERBA
TÉPEDO: Nin frío nin quente: temperado, morno
castelán: templado inglés: temperate
catalán: temperat francés: tempéré
euskera: epel alemán:gemäßigt
LETRAS GALEGAS
Unha recopilación de tódolos autores galegos homenaxeados neste medio século de Letras Galegas. Xa van cincuenta anos, e esperamos e desexamos que veñan cincocentos séculos máis
No primeiro vídeo, debido a un erro, faltan os autores homenaxeados nos anos 1970 e 1971, que Aaron nos sinala a continuación:
lunes, 14 de mayo de 2012
UN DÍA ... UNHA VERBA
NIÑO: Especie de leito ou acubillo que fan as aves para desposita-los sus ovos.
castelán: nido inglés: nest
catalán: niu francés: nid
euskera: habia alemán: Nest
domingo, 13 de mayo de 2012
SABÍAS...?
Información : REVISTA MOI INTERESANTE
Cando e onde se descubriu o lume? Gracias ao lume, os humáns deixaron de estar en mans dos elementos e poideron emprender o camiño cara a civilización. Segundo o mito, isto debeu ocorrer na noite dos tempos, nun punto definitivo na evolución dos homínidos, pois considerase que o uso do lume e a capacidade de fabricalo é o paso crucial para diferenciar ao ser humán do resto das especies próximas, ao ser a única do reino animal que así o fai.
A través de estudos arqueolóxicos poidose localizar a que ata agora é a proba máis primitiva dun lume feito por humáns en Africa. Concretamente, unha fogueira atopada no xacemento de Koobi Fora, a beira do lago Turkana, en Etiopía. As análises de laboratorio estableceron a antigüedade destas fogueiras nuns 1'6 millóns de anos.
Sen embargo, non sempre resulta doado distinguir un lume realizado por mans humáns dun que se tivera producido por causas naturais. Por exemplo, nos xacementos paleolíticos máis antiguos, os restos dos lumes apenas deixaron algo máis que unha pegada sutil: tan só é detectable unha pequena variación nas propiedades magnéticas do chan onde se fixo e que case siempre pode pasar por un incendio fortuito.
No Próximo Oriente, entre os restos homínidos do xacemento de Kebara (Israel), documentáronse fogueiras no interior de covas utilizadas ó longo de moitos anos como vivendas, nun momento situado fai uns 60.000 anos.
viernes, 11 de mayo de 2012
POESÍA VISUAL
Noel recítanos unha poesía de Valentín Paz Andrade, a súa sinxela pero grande homenaxe ao autor ó que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas (17 de maio)
UN DÍA ... UNHA VERBA
PADIOLA: Especie de angarellas, formada por un taboleiro ou tea rectangular e mais dous varais; serve para transportar obxectos ou persoas
castelán: camilla inglés: stretcher
catalán: llitera francés: brancard
euskera: ohatila alemán: Tragbahre
NON TODO VAI SER ESTUDIAR...
Alex recoméndanos un videoxogo para Nintendo DS, porque, non todo van ser deberes
UN PASEO POLA LÚA
Pulsa na foto, para facer un recorrido pola Lúa cos primeiros astronautas que a pisaron. Só tes que mover o rato pola imaxe
jueves, 10 de mayo de 2012
UN DÍA ... UNHA VERBA
ESTOXO: Caixa ou funda para gardar un determinado obxecto
castelán: estuche inglés: pencil case
catalán: estoig francés: étui
euskera: kasu alemán: Futteral
SABÍAS QUE...
Laura explícanos a curiosa orixe do nome dos canguros
miércoles, 9 de mayo de 2012
UN DÍA ... UNHA VERBA
ESQUÍO: Mamífero roedor, campestre, de longo rabo e moi peludo
castelán: ardilla inglés: squirrel
catalán: esquiro francés: écureuil
euskera: urtxintxa alemán: Eichhörnchen
martes, 8 de mayo de 2012
UN DÍA ... UNHA VERBA
ALFINETE:Craviño fino metálico aguzado por un lado e con cabeza polo otro.
castelán: alfiler inglés: pin
catalán: agulla francés: épingle
euskera: pin alemán: Stecknadel
domingo, 6 de mayo de 2012
UN DÍA ... UNHA VERBA
FUNIL: instrumento oco, con figura de cono que serve para pasa-lo líquido dun recipiente a otro de boca máis estreita
castelán: embudo inglés: funnel
catalán: embut francés: entonnoir
euskera: inbutu alemán: Trichter
A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS
Na novela de Jules Verne "A volta ao mundo en 80 días", Phileas Fogg (cinematograficamente chamado Willy Fogg) é un flegmático inglés escrupulosamente puntual e de vida monótona que acepta unha aposta polo valor de vinte mil libras. Para gañala terá que viaxar arredor do mundo en menos de 80 días. A intención de Phileas é a de enlazar con toda precisión un medio de transporte con outro partindo de Londres.
A historia explica que Phileas Fogg saíu de Londres en dirección leste, facendo o seguinte recorrido:
Londres - Suez, 7 días
Suez - Bombai, 13 días
Bombai - Calcuta, 3 días
Calcuta - Hong Kong, 13 días
Hong Kong - Iokohama (Xapón), 6 días
Iokohama - San Francisco, 22 días
San Francisco - Nova York, 7 días
Nova York - Londres, 9 días
Cando chegou de novo a Londres gañara un día. É posible?
E unha adiviña
Se as franxas horarias están delimitadas por meridianos, hai algún lugar do mundo onde sexan todas as horas á vez?
sábado, 5 de mayo de 2012
ACENTUACIÓN DE DITONGOS E HIATOS
Un ditongo é a unión dunha vogal aberta (a, e, o) mais unha vogal pechada (i, u) que se pronuncian nunha mesma sílaba. Os ditongos seguen as regras xerais de acentuación e o acento gráfico ponse sobre a vogal aberta. Exemplo: escóitame, atención.
Os hiatos están formados por dúas vogais que están xuntas, pero que se pronuncian en dúas sílabas distintas. Se son dúas vogais abertas, seguen as regras xerais. Exemplo: Xoán. Se a vogal pechada é a tónica e a vogal aberta é a átona, levará sempre acento gráfico na vogal pechada. Exemplo: día, lúa.
Cando aparecen xuntas as dúas vogais pechadas (i, u), se a tónica é a segunda vogal, forman un hiato e acentúase graficamente. Exemplo: ruído. Se a tónica é a primeira vogal, forman un ditongo e non se acentúa graficamente. Exemplo: viviu
viernes, 4 de mayo de 2012
ASÍ ESTÁ A SUCEDER... E ASÍ O CONTAMOS
Aaron e David coméntannos unha das noticias das que máis se falou durante esta semana
MARÍA RECOMÉNDANOS..
María invítanos a ler o entretido libro de Tea Stilton "Aventura en Nueva York"
UN DÍA ... UNHA VERBA
GARFO: utensilio con tres ou catro dentes nun extremo, para levar alimentos sólidos á boca
castelán: tenedor inglés: fork
catalán: forquilla francés:fourchette
euskera: sardexka alemán: Gabel
jueves, 3 de mayo de 2012
POESÍA VISUAL
Vera recítanos, tal vez, o romance tradicional español máis famoso "La loba parda"
miércoles, 2 de mayo de 2012
UN DÍA ... UNHA VERBA
LUVAS: prenda que serve para colocar, axustada na man e nos dedos, ben para adorno ou para protexerse do frío ou calquera outra cousa
castelán: guantes inglés: gloves
catalán: guants francés: gants
euskera: eskularruak alemán: Handschuhe
SABIAS QUE...?
O caso do "home dos xeos"
En 1991 atopouse nun glaciar na fronteira austroitaliana o corpo momificado dun home prehistórico de hai 5300 anos, en concreto da Idade do Bronce, ao que pouco despois se bautizou como Otzi, o "home dos xeos"
Primeiro houbo unha grande polémica sobre a propiedade dos restos, que estiveron no Instituto de Medicina Forense de Insbruck ata que hai pouco foron transladados ao Museo Antropolóxico de Bolzano, ao certificarse que o seu corpo se atopou no municipio de Schnals (Italia)
Semella que morreu aos 35 anos de xeito violento, xa que tiña unha ferida de frecha nas costas e había restos de sangue de catro persoas diferentes na súa roupa e armas. Algúns expertos afirman que estivo presente nunha situación de combate entre 24 e 48 horas antes da súa morte; outros cren que puido morrer en medio dun sacrificio ritual; e outros opinan que estaba cazando e quedou enterrado por un alude de neve que o sorprendeu.
En calquera caso, houbo unha verdadeira "otzimanía"