Buscar este blog

domingo, 13 de mayo de 2012

SABÍAS...?
Información : REVISTA MOI INTERESANTE
Cando e onde se descubriu o lume?
   Gracias ao lume, os humáns deixaron de estar en mans dos elementos e poideron emprender o camiño cara a civilización. Segundo o mito, isto debeu ocorrer na noite dos tempos, nun punto definitivo na evolución dos homínidos, pois considerase que o uso do lume e a capacidade de fabricalo é o paso crucial para diferenciar ao ser humán do resto das especies próximas, ao ser a única do reino animal que así o fai.
     A través de estudos arqueolóxicos poidose localizar a que ata agora é a proba máis primitiva dun lume feito por humáns en Africa. Concretamente, unha fogueira atopada no xacemento de Koobi Fora, a beira do lago Turkana, en Etiopía. As análises de laboratorio estableceron a antigüedade destas fogueiras nuns 1'6 millóns de anos.
     Sen embargo, non sempre resulta doado distinguir un lume realizado por mans humáns dun que se tivera producido por causas naturais. Por exemplo, nos xacementos paleolíticos máis antiguos, os restos dos lumes apenas deixaron algo máis que unha pegada sutil: tan só é detectable unha pequena variación nas propiedades magnéticas do chan onde se fixo e que case siempre pode pasar por un incendio fortuito.
No Próximo Oriente, entre os restos homínidos do xacemento de Kebara (Israel), documentáronse fogueiras no interior de covas utilizadas ó longo de moitos anos como vivendas, nun momento situado fai uns 60.000 anos.