Buscar este blog

lunes, 30 de abril de 2012

UN DÍA ... UNHA VERBA

      FAZULA: parte carnosa de cada un dos lados da cara
                castelán:  mejilla                         inglés:  cheek
                catalán:  galta                             francés:  joue
                euskera:  masail                         alemán:  wange         

LETRAS GALEGAS
          
     Resumo-presentación sobre Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado nas Letras Galegas de 2012, realizado polas alumnas María e Arianna

sábado, 28 de abril de 2012

SABÍAS QUE...?

          Os seres humanos somos os únicos membros vivos da nosa especie. En épocas pasadas, a Terra estivo habitada por varias humanidades que coincidiron no tempo. Por exemplo, fai entre 250.000 e 100.000 anos, había tres formas de seres humanos compartindo o planeta, pero separados xeograficamente: o Homo erectus, en Asia, os neandertales, en Europa, e os Homo sapiens, en África. Pero fai tan só 50.000 anos, unha das tres variantes - a nosa- impúxose, mentras que as outras dúas foron borradas misteriosamente do mapa en apenas 10.000 anos

viernes, 27 de abril de 2012

POESÍA VISUAL

Nico e Marco recítannos parte das súas poesías preferidas




COS NOSOS MAIORES

O avó de Vera cóntanos unha historia que el oíu, no seu pobo, sendo rapaz

O OURO AZUL 2

          Outras dúas poesías dedicadas ao maior tesouro que ten a humanidade: A AUGA

Líquido vital                                                                              Este planeta contaminado

valioso coma o ouro                                                                  está todo estragado

transparente coma o cristal                                                        por non coidalo

estamos a poñelo mouro                                                           témolo moi abandoado

Das nubes cae aos ríos,                                                            O ouro azul, tan buscado,

dos ríos vai o mar.                                                                     e pouco atopado,

Non vos esquezades                                                                 necesitámolo para arranxar

de non a malgastar                                                                    o planeta estragado,

Fría, morna ou quente,                                                              que todos abandoamos

para animais, plantas ou xente,                                                   nun momento dado

na nosa vida está presente,                                                                     NICOLÁS

aínda que nalgúns esté ausente

                           VERA




jueves, 26 de abril de 2012

NON TODO VAI SER ESTUDIAR

          María e Ainoa recoméndannos, para pasar un bo rato, que non deixemos de ver a película MARY POPPINS

O OURO AZUL
     A continuación, dúas poesías das moitas que estivemos facendo na clase de galego, dedicadas ao Ouro Azul: A AUGA

Viaxamos a Lúa,
mandamos misión a Marte,
en todas buscamos auga
porque é o máis importante.

Pensa o que ten ouro
que ten unha gran riqueza,
pero máis valor ten a auga
aínda que a ninguén lle pareza.

Coa auga as plantas crecen,
e nós precisámola
cando temos sede
e tamén cando nos lavamos

Cando a auga escasea
e a sequía persiste
todo se volve deserto
e non hai vida que resista

Sen a auga as plantas morren
e os animais tamén
quedaremos sen comida
para podernos manter

A auga é imprescindible
para neste Planeta vivir
todo sería máis fácil
se a podéramos compartir
                                      LAURA
Sabes o que
é o Ouro Azul?

Non é unha pedra,
nin un cristal

Xa sei o que pensades,
non é un mineral.

Xa vos din moitas pistas
e non o conseguides descifrar

Digovolo sen facer esperar,
o ouro azul é algo que
temos que tomar
ao longo do día
sen desperdiciar.
                    ALEX
SARA RECOMÉNDANOS...
     
     Sara invítanos a que leamos o marabilloso libro de aventuras "El otro techo del mundo" de Fernanda Krahn Uribe

miércoles, 25 de abril de 2012

SABÍAS QUE...?
         
          O 23 de abril de cada ano, célebrase o Día do Libro, que conmemora a morte de William Shakespeare e Miguel de Cervantes en 1616. Sen embargo, as defuncións non sucederon o mesmo día, pois existía un desfase entre os almanaques inglés e español.
          No 1582, o Papa Gregorio XII adiantou 10 días o almanaque, de modo que o día 5 de outubro pasou a ser o 15 do mesmo mes. Só Francia, Italia e España adoptaron inmediatamente este cambio, Inglaterra non o fixo ata 1752. Así, para os ingleses Shakespeare morreu o 23 de abril, pero para os países católicos ocorreu o 3 de maio.
POESÍA VISUAL

Ainoa, para conmemorar o Día do Libro, recítanos un poema do libro "Versos vegetales" de Antonio Rubio

lunes, 23 de abril de 2012

LER É...

A continuación a nosa homenaxe ao LIBRO e a LECTURA, no seu día

COS NOSOS MAIORES

Nico preséntanos a súa bisavoa, que nos conta unha anécdota de cando ela era nena

SABÍAS QUE...?

          Aínda que é imposible dar unha cifra exacta -nin sequera aproximada-, calcúlase que no mundo fálanse na actualidade entre 3000 e 5000 linguas, das cales soamente 600 contan con máis de 100.000 falantes, cifra que se considera mínima para poder garantizar a súa supervivenza a medio prazo. Entre os idiomas máis extendidos están o chino mandarín, usado por 900 millóns de persoas; o inglés, con 470 millóns de falantes; o hindi, falado por máis de 420 millóns de persoas; o español, utilizado por máis de 360 millóns; e o ruso, con case 300 millóns de falantes.
          Outro aspecto curioso é o que ten que ver coa súa distribución xeográfica, que non é nin moito menos homoxénea. Según afirma Enrique Bernárdez no seu libro Que son as linguas?, en Asia concéntranse o 32 por 100 das linguas existentes, en América o 15 por 100 -entre outras o quiché, o menomimi, o iowa e o guaraní-, e en Europa e Oriente Medio, só o 4 por 100
          Estimase que en Africa fálanse máis de 1500 linguas diferentes. Hai casos singulares como o de Camerún, un país de 12 millóns de habitantes no que se falan nada menos que 270 idiomas, ou Nixeria, no que se rexistraron case 450. Pero o número un lévao Papúa Nova Guinea, onde os seus habitantes comunicanse, atención, en 850 linguas diferentes.
          Entre as ameazadas, que son case o 90 por 100 das existentes, hainas tan suxestivas como o cayapa, en Ecuador, con algo menos de 5000 falantes; o walmajari, que só o falan 1000 seres humáns no mundo; e o zuñi, en Norteamérica, con 6000 usuarios. Hai tamén casos máis graves, como o miwok, un idioma indio que unicamente falan 4 peroas; ou o yidini, en Australia, con pouco máis de unha ducia de falantes. Respecto do kamas, unha lingua que se falaba nos Urais, dase practicamente por desaparecida, porque é máis que probable que teña morto o único falante do que se tiña noticia, un anciá que tiña 92 anos en 1987.
información vía Muy Interesante

sábado, 21 de abril de 2012

PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL

A continuación, grazas ao Canal Practicopedia, unha explicación sinxela das causas e desenrolo da Primeira Guerra Mundial


viernes, 20 de abril de 2012

ISTO É O QUE SUCEDE... E ASÍ O CONTAMOS

Aaron e Nico fannos chegar dúas das noticias máis importantes e comentadas desta semana

NON TODO VAI SER ESTUDIAR...

Luís fálanos dun dos seus xogos preferidos: Mario & Luigi, viaje al centro de Bowser



CANCIÓN TRADICIONAL

David tráenos, coa estimable axuda de Jesús, unha das cancións tradicionales máis coñecidas da cultura galega 

martes, 17 de abril de 2012

ISTO É O QUE ESTÁ A SUCEDER

Noel e Brais comentan unha das noticias máis importantes desta última semana

CONTO VISUAL

A continuación o conto OS TRES LINCES, escrito e ilustrado por Nicolás


lunes, 16 de abril de 2012

ASASINAR Ó PROFE DE GALEGO

Sara danos a receita de como acabar dunha vez por todas co profesor de galego

Sabes ti, como asasinalo?
Pois eu vouche ensinar
Primeiro por isto has de empezar
telo que intentar tirar pola ventá
Se iso non funciona
achégate a súa mesa
colle o borrador
e dalle na cabeza
Se así non morre
non queda outra
que matalo a paos
con moita forza
Desta maneira ten que morrer
porque moi forte non ha de ser
e sen non morre,
que hai que facer?
ATURALO OUTRA VEZZZZZ!

Laura tamén nos conta como facelo
O profe de galego
anda un pouco estresado
poñendo tantos traballos
que nos teñen aturullados
Eu como o quero ben
pensei unha solución
acabar co seu sufrimento
de forma rápida e dun tirón
Como el ben me ensinou
con internet a traballar
na rede por fin encontrei
como o poder liquidar
Vou mandarlle un correo
cun virus moi dañino
que lle afecte cando o lea
e o mande ao mundo divino
O seu estrés desaparece
e tamén a preocupación
de ter que ler máis traballos
que lle fastidia un montón


sábado, 14 de abril de 2012

sacado da páxina de KURIOSO.ES
HOXE NON TEÑO GAÑAS DE IR AO COLE...

Cando digas isto, pensa que nalgún lugar do mundo e da historia un puñado de nenos e nenas coma ti xóganse a vida diariamente para poder chegar á escola e recibir unha educación infinitamente peor que a túa. Pontes a punto de virse abaixo, campos minados, acantilados desmembrándose, guerras que non son súas... Unha aventura de resgo só para poder sentarse nos seus pupitres. Non me cres? Pulsa na imaxe e mira


viernes, 13 de abril de 2012

CONTO TRADICIONAL

O avó de Alex, quen non quixo poñerse diante da cámara, deíxanos un dos contos que el oía de neno arredor do lume da lareira

     Había unha vez unha familia pobre, que un día tiña ao señor cura a cear. 
     Só tiñan tres troitas, e a muller asounas rápidamente.
     Cando acabou pensou:
         - E se están malas? É mellor que probe xa a miña
     Unha proba por aquí e outra proba por alá, e axiña rematou toda a troita.
         - Será mellor que probe a do meu marido, non vaia ser!
      E tamén a comeu
     O mesmo pasou coa troita que estaba preparada para o señor cura
      Cando se deu conta, non lle quedaba ningunha. Entón foi onda ó seu marido e dixolle:
         - O señor cura marchou coas troitas
       Rapidamente se achegou ao cura e dixolle ao oído:
         - O meu marido quérelle cortar as orellas a vosa vocencia.
       O cura non esperou nada, e botouse a correr coma un lóstrego, perseguido de preto polo home, que lle ía berrando:
          - Polo menos, déame unha
          - Nin unha, nin dúas!- contestáballe o señor cura- Estas non son para vós


ASÍ OCORRE... E ASÍ O CONTAMOS

Iván e Xoel cóntannos algunhas das noticias ocorridas durante esta semana

CLASES DE GALEGO

Luís e as interxeccións 

REUTILIZAR

María e Arianna dannos uns sinxelos consellos de como volver usar bolsas, caixas, botes e outros materiais de refugallo.

RECICLAS?

Laura e Ainoa explícannos o importante que é para o noso futuro a utilización da regra das tres R


APRENDENDO DOS NOSOS MAIORES
Laura preséntanos a Victor, un viaxeiro con maiúsculas, que nos fai participes dunha das lendas máis antigas e fermosas de Galicia, a orixe de San Andrés de Teixido

jueves, 12 de abril de 2012

RECICLANDO

Xoel ten un problema co aceite usado, menos mal que David lle ensina que facer con el

RECICLAR

Noel, Aaron Soto, Fabián, David Pacios, Marco e Aaron Verissimo móstrannos o parque da Metamorfose, sito na nosa cidade, no paseo do Barbaña

COS NOSOS MAIORES


Estamos empeñados en que non se perda a nosa cultura, polo cal cremos que é moi necesario aprender dos nosos avós. 
Xoel preséntanos a súa avoa, que nos canta unha canción tradicional

LECCIÓNS DE GALEGO

Vera coméntanos algún dos casos nos que debemos usar o punto



Que é un monólogo? David explícanolo