Buscar este blog

viernes, 13 de abril de 2012

CONTO TRADICIONAL

O avó de Alex, quen non quixo poñerse diante da cámara, deíxanos un dos contos que el oía de neno arredor do lume da lareira

     Había unha vez unha familia pobre, que un día tiña ao señor cura a cear. 
     Só tiñan tres troitas, e a muller asounas rápidamente.
     Cando acabou pensou:
         - E se están malas? É mellor que probe xa a miña
     Unha proba por aquí e outra proba por alá, e axiña rematou toda a troita.
         - Será mellor que probe a do meu marido, non vaia ser!
      E tamén a comeu
     O mesmo pasou coa troita que estaba preparada para o señor cura
      Cando se deu conta, non lle quedaba ningunha. Entón foi onda ó seu marido e dixolle:
         - O señor cura marchou coas troitas
       Rapidamente se achegou ao cura e dixolle ao oído:
         - O meu marido quérelle cortar as orellas a vosa vocencia.
       O cura non esperou nada, e botouse a correr coma un lóstrego, perseguido de preto polo home, que lle ía berrando:
          - Polo menos, déame unha
          - Nin unha, nin dúas!- contestáballe o señor cura- Estas non son para vós