Buscar este blog

lunes, 23 de abril de 2012

SABÍAS QUE...?

          Aínda que é imposible dar unha cifra exacta -nin sequera aproximada-, calcúlase que no mundo fálanse na actualidade entre 3000 e 5000 linguas, das cales soamente 600 contan con máis de 100.000 falantes, cifra que se considera mínima para poder garantizar a súa supervivenza a medio prazo. Entre os idiomas máis extendidos están o chino mandarín, usado por 900 millóns de persoas; o inglés, con 470 millóns de falantes; o hindi, falado por máis de 420 millóns de persoas; o español, utilizado por máis de 360 millóns; e o ruso, con case 300 millóns de falantes.
          Outro aspecto curioso é o que ten que ver coa súa distribución xeográfica, que non é nin moito menos homoxénea. Según afirma Enrique Bernárdez no seu libro Que son as linguas?, en Asia concéntranse o 32 por 100 das linguas existentes, en América o 15 por 100 -entre outras o quiché, o menomimi, o iowa e o guaraní-, e en Europa e Oriente Medio, só o 4 por 100
          Estimase que en Africa fálanse máis de 1500 linguas diferentes. Hai casos singulares como o de Camerún, un país de 12 millóns de habitantes no que se falan nada menos que 270 idiomas, ou Nixeria, no que se rexistraron case 450. Pero o número un lévao Papúa Nova Guinea, onde os seus habitantes comunicanse, atención, en 850 linguas diferentes.
          Entre as ameazadas, que son case o 90 por 100 das existentes, hainas tan suxestivas como o cayapa, en Ecuador, con algo menos de 5000 falantes; o walmajari, que só o falan 1000 seres humáns no mundo; e o zuñi, en Norteamérica, con 6000 usuarios. Hai tamén casos máis graves, como o miwok, un idioma indio que unicamente falan 4 peroas; ou o yidini, en Australia, con pouco máis de unha ducia de falantes. Respecto do kamas, unha lingua que se falaba nos Urais, dase practicamente por desaparecida, porque é máis que probable que teña morto o único falante do que se tiña noticia, un anciá que tiña 92 anos en 1987.
información vía Muy Interesante