A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS
A historia explica que Phileas Fogg saíu de Londres en dirección leste, facendo o seguinte recorrido:
- Londres - Suez, 7 días
- Suez - Bombai, 13 días
- Bombai - Calcuta, 3 días
- Calcuta - Hong Kong, 13 días
- Hong Kong - Iokohama (Xapón), 6 días
- Iokohama - San Francisco, 22 días
- San Francisco - Nova York, 7 días
- Nova York - Londres, 9 días
Cando chegou de novo a Londres gañara un día. É posible?
E unha adiviña
Se as franxas horarias están delimitadas por meridianos, hai algún lugar do mundo onde sexan todas as horas á vez?