Buscar este blog

Mostrando entradas con la etiqueta historia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta historia. Mostrar todas las entradas

domingo, 13 de mayo de 2012

SABÍAS...?
Información : REVISTA MOI INTERESANTE
Cando e onde se descubriu o lume?
   Gracias ao lume, os humáns deixaron de estar en mans dos elementos e poideron emprender o camiño cara a civilización. Segundo o mito, isto debeu ocorrer na noite dos tempos, nun punto definitivo na evolución dos homínidos, pois considerase que o uso do lume e a capacidade de fabricalo é o paso crucial para diferenciar ao ser humán do resto das especies próximas, ao ser a única do reino animal que así o fai.
     A través de estudos arqueolóxicos poidose localizar a que ata agora é a proba máis primitiva dun lume feito por humáns en Africa. Concretamente, unha fogueira atopada no xacemento de Koobi Fora, a beira do lago Turkana, en Etiopía. As análises de laboratorio estableceron a antigüedade destas fogueiras nuns 1'6 millóns de anos.
     Sen embargo, non sempre resulta doado distinguir un lume realizado por mans humáns dun que se tivera producido por causas naturais. Por exemplo, nos xacementos paleolíticos máis antiguos, os restos dos lumes apenas deixaron algo máis que unha pegada sutil: tan só é detectable unha pequena variación nas propiedades magnéticas do chan onde se fixo e que case siempre pode pasar por un incendio fortuito.
No Próximo Oriente, entre os restos homínidos do xacemento de Kebara (Israel), documentáronse fogueiras no interior de covas utilizadas ó longo de moitos anos como vivendas, nun momento situado fai uns 60.000 anos.

miércoles, 25 de abril de 2012

SABÍAS QUE...?
         
          O 23 de abril de cada ano, célebrase o Día do Libro, que conmemora a morte de William Shakespeare e Miguel de Cervantes en 1616. Sen embargo, as defuncións non sucederon o mesmo día, pois existía un desfase entre os almanaques inglés e español.
          No 1582, o Papa Gregorio XII adiantou 10 días o almanaque, de modo que o día 5 de outubro pasou a ser o 15 do mesmo mes. Só Francia, Italia e España adoptaron inmediatamente este cambio, Inglaterra non o fixo ata 1752. Así, para os ingleses Shakespeare morreu o 23 de abril, pero para os países católicos ocorreu o 3 de maio.

lunes, 23 de abril de 2012

SABÍAS QUE...?

          Aínda que é imposible dar unha cifra exacta -nin sequera aproximada-, calcúlase que no mundo fálanse na actualidade entre 3000 e 5000 linguas, das cales soamente 600 contan con máis de 100.000 falantes, cifra que se considera mínima para poder garantizar a súa supervivenza a medio prazo. Entre os idiomas máis extendidos están o chino mandarín, usado por 900 millóns de persoas; o inglés, con 470 millóns de falantes; o hindi, falado por máis de 420 millóns de persoas; o español, utilizado por máis de 360 millóns; e o ruso, con case 300 millóns de falantes.
          Outro aspecto curioso é o que ten que ver coa súa distribución xeográfica, que non é nin moito menos homoxénea. Según afirma Enrique Bernárdez no seu libro Que son as linguas?, en Asia concéntranse o 32 por 100 das linguas existentes, en América o 15 por 100 -entre outras o quiché, o menomimi, o iowa e o guaraní-, e en Europa e Oriente Medio, só o 4 por 100
          Estimase que en Africa fálanse máis de 1500 linguas diferentes. Hai casos singulares como o de Camerún, un país de 12 millóns de habitantes no que se falan nada menos que 270 idiomas, ou Nixeria, no que se rexistraron case 450. Pero o número un lévao Papúa Nova Guinea, onde os seus habitantes comunicanse, atención, en 850 linguas diferentes.
          Entre as ameazadas, que son case o 90 por 100 das existentes, hainas tan suxestivas como o cayapa, en Ecuador, con algo menos de 5000 falantes; o walmajari, que só o falan 1000 seres humáns no mundo; e o zuñi, en Norteamérica, con 6000 usuarios. Hai tamén casos máis graves, como o miwok, un idioma indio que unicamente falan 4 peroas; ou o yidini, en Australia, con pouco máis de unha ducia de falantes. Respecto do kamas, unha lingua que se falaba nos Urais, dase practicamente por desaparecida, porque é máis que probable que teña morto o único falante do que se tiña noticia, un anciá que tiña 92 anos en 1987.
información vía Muy Interesante

viernes, 11 de noviembre de 2011

OS IBEROS
O vindeiro xoves 17 iremos ver a exposición da Caixa: "Os iberos: a nosa civilización antes de Roma", polo tanto non está de máis botarlle unha ollada a estas presentacións, para ir sabendo algo deles...