Buscar este blog

Mostrando entradas con la etiqueta tradición. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tradición. Mostrar todas las entradas

miércoles, 23 de mayo de 2012

APRENDENDO DOS MAIORES

          A madriña de Fabián ensínanos unha canción tradicional

jueves, 3 de mayo de 2012

POESÍA VISUAL

Vera recítanos, tal vez, o romance tradicional español máis famoso "La loba parda"

viernes, 27 de abril de 2012

COS NOSOS MAIORES

O avó de Vera cóntanos unha historia que el oíu, no seu pobo, sendo rapaz

lunes, 23 de abril de 2012

COS NOSOS MAIORES

Nico preséntanos a súa bisavoa, que nos conta unha anécdota de cando ela era nena

viernes, 20 de abril de 2012

CANCIÓN TRADICIONAL

David tráenos, coa estimable axuda de Jesús, unha das cancións tradicionales máis coñecidas da cultura galega 

viernes, 13 de abril de 2012

CONTO TRADICIONAL

O avó de Alex, quen non quixo poñerse diante da cámara, deíxanos un dos contos que el oía de neno arredor do lume da lareira

     Había unha vez unha familia pobre, que un día tiña ao señor cura a cear. 
     Só tiñan tres troitas, e a muller asounas rápidamente.
     Cando acabou pensou:
         - E se están malas? É mellor que probe xa a miña
     Unha proba por aquí e outra proba por alá, e axiña rematou toda a troita.
         - Será mellor que probe a do meu marido, non vaia ser!
      E tamén a comeu
     O mesmo pasou coa troita que estaba preparada para o señor cura
      Cando se deu conta, non lle quedaba ningunha. Entón foi onda ó seu marido e dixolle:
         - O señor cura marchou coas troitas
       Rapidamente se achegou ao cura e dixolle ao oído:
         - O meu marido quérelle cortar as orellas a vosa vocencia.
       O cura non esperou nada, e botouse a correr coma un lóstrego, perseguido de preto polo home, que lle ía berrando:
          - Polo menos, déame unha
          - Nin unha, nin dúas!- contestáballe o señor cura- Estas non son para vós


APRENDENDO DOS NOSOS MAIORES
Laura preséntanos a Victor, un viaxeiro con maiúsculas, que nos fai participes dunha das lendas máis antigas e fermosas de Galicia, a orixe de San Andrés de Teixido

jueves, 12 de abril de 2012

COS NOSOS MAIORES


Estamos empeñados en que non se perda a nosa cultura, polo cal cremos que é moi necesario aprender dos nosos avós. 
Xoel preséntanos a súa avoa, que nos canta unha canción tradicional