Buscar este blog

Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas

viernes, 8 de junio de 2012

SINTO QUE...

Baseado nun texto de Sechu Sende do seu libro Made in Galiza


sábado, 19 de mayo de 2012

POESÍA VIRTUAL

          Alex recítanos unha das poesías de Rosalía de Castro máis musicalizadas, "Negra Sombra"

viernes, 11 de mayo de 2012

POESÍA VISUAL

        Noel recítanos unha poesía de Valentín Paz Andrade, a súa sinxela pero grande homenaxe ao autor ó que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas (17 de maio)

jueves, 3 de mayo de 2012

POESÍA VISUAL

Vera recítanos, tal vez, o romance tradicional español máis famoso "La loba parda"

viernes, 27 de abril de 2012

POESÍA VISUAL

Nico e Marco recítannos parte das súas poesías preferidas




O OURO AZUL 2

          Outras dúas poesías dedicadas ao maior tesouro que ten a humanidade: A AUGA

Líquido vital                                                                              Este planeta contaminado

valioso coma o ouro                                                                  está todo estragado

transparente coma o cristal                                                        por non coidalo

estamos a poñelo mouro                                                           témolo moi abandoado

Das nubes cae aos ríos,                                                            O ouro azul, tan buscado,

dos ríos vai o mar.                                                                     e pouco atopado,

Non vos esquezades                                                                 necesitámolo para arranxar

de non a malgastar                                                                    o planeta estragado,

Fría, morna ou quente,                                                              que todos abandoamos

para animais, plantas ou xente,                                                   nun momento dado

na nosa vida está presente,                                                                     NICOLÁS

aínda que nalgúns esté ausente

                           VERA




jueves, 26 de abril de 2012

O OURO AZUL
     A continuación, dúas poesías das moitas que estivemos facendo na clase de galego, dedicadas ao Ouro Azul: A AUGA

Viaxamos a Lúa,
mandamos misión a Marte,
en todas buscamos auga
porque é o máis importante.

Pensa o que ten ouro
que ten unha gran riqueza,
pero máis valor ten a auga
aínda que a ninguén lle pareza.

Coa auga as plantas crecen,
e nós precisámola
cando temos sede
e tamén cando nos lavamos

Cando a auga escasea
e a sequía persiste
todo se volve deserto
e non hai vida que resista

Sen a auga as plantas morren
e os animais tamén
quedaremos sen comida
para podernos manter

A auga é imprescindible
para neste Planeta vivir
todo sería máis fácil
se a podéramos compartir
                                      LAURA
Sabes o que
é o Ouro Azul?

Non é unha pedra,
nin un cristal

Xa sei o que pensades,
non é un mineral.

Xa vos din moitas pistas
e non o conseguides descifrar

Digovolo sen facer esperar,
o ouro azul é algo que
temos que tomar
ao longo do día
sen desperdiciar.
                    ALEX

miércoles, 25 de abril de 2012

POESÍA VISUAL

Ainoa, para conmemorar o Día do Libro, recítanos un poema do libro "Versos vegetales" de Antonio Rubio

lunes, 16 de abril de 2012

ASASINAR Ó PROFE DE GALEGO

Sara danos a receita de como acabar dunha vez por todas co profesor de galego

Sabes ti, como asasinalo?
Pois eu vouche ensinar
Primeiro por isto has de empezar
telo que intentar tirar pola ventá
Se iso non funciona
achégate a súa mesa
colle o borrador
e dalle na cabeza
Se así non morre
non queda outra
que matalo a paos
con moita forza
Desta maneira ten que morrer
porque moi forte non ha de ser
e sen non morre,
que hai que facer?
ATURALO OUTRA VEZZZZZ!

Laura tamén nos conta como facelo
O profe de galego
anda un pouco estresado
poñendo tantos traballos
que nos teñen aturullados
Eu como o quero ben
pensei unha solución
acabar co seu sufrimento
de forma rápida e dun tirón
Como el ben me ensinou
con internet a traballar
na rede por fin encontrei
como o poder liquidar
Vou mandarlle un correo
cun virus moi dañino
que lle afecte cando o lea
e o mande ao mundo divino
O seu estrés desaparece
e tamén a preocupación
de ter que ler máis traballos
que lle fastidia un montón


viernes, 23 de marzo de 2012

LAURA RECITA

Para conmemorar o DÍA MUNDIAL DA POESÍA, o 21 de marzo, Laura recita un famoso poema de Gustavo Adolfo Bécquer.

domingo, 18 de marzo de 2012



DÍA MUNDIAL DA POESÍA

O vindeiro 21 de marzo, conmemórase o Día Mundial da Poesía, e para celebralo estamos a participar nun libro colaborativo con outros colexios de toda a Península
Para ler os nosos poemas, pulsa na imaxe, e despois, unha vez que esteas na lista de tódolos colexios que participan, pulsa no nome do noso "cole", que está no posto 42


pulsar imaxe


miércoles, 14 de diciembre de 2011

POESÍA VISUAL

Despois de ver o seguinte vídeo 

LAURA escribiunos unha poesía  

UN PAXARO ESPECIAL


A todos os paxaros lles gusta voar
e sobre un cable de luz quérense pousar
todos protestan por ocupar un lugar
todos se enfadan por poder descansar

De pronto aparece un paxaro especial
todos se apartan ao velo chegar
todos se asustan cando entre eles está
porque ven que o cable  empeza a dobrar

Apertados quedan todos no mesmo lugar
e colgado polas patas está o paxaro especial
todos o picotean para podelo soltar
podendo entre todos o seu obxectivo lograr

Como dun tiracroios despedidos sairán
e ao final o chan logran alcanzar
de cabeza cae o paxaro especial
e sen plumas quedan todos os demais

miércoles, 7 de diciembre de 2011

POESÍA DE LAURA
O sapo marchoso
- Este quen é?

- Este é o sapo marchoso.

- Isto que é?

- Isto é o micrófono que fixo famoso

ao sapo marchoso.

- Isto que é?

- Isto é o botón

do micrófono que fixo famoso

ao sapo marchoso.

- Isto que é?

- Isto é o adorno

do botón

do micrófono que fixo famoso

ao sapo marchoso.

- Isto que é?

- Isto é o gato

que roubou o adorno

do botón

do micrófono que fixo famoso

ao sapo marchoso.

- Isto que é?

- Isto é o elefante

que esmagou ao gato

que roubou o adorno

do botón

do micrófono que fixo famoso

ao sapo marchoso.

- Isto que é?

- Isto é o cazador

que cazou ao elefante

que esmagou ao gato

que roubou o adorno

do botón

do micrófono que fixo famoso

ao sapo marchoso.



viernes, 2 de diciembre de 2011

2012.- ANO DE CELSO EMILIO FERREIRO
O vindeiro ano 2012 foi nomeado ANO CELSO EMILIO FERREIRO, en homenaxe ao escritor celanovense de lingua galega, e un dos máis importantes da nosa literatura. Con tal motivo participaremos en diversas actividades que se desenrolarán ao longo deste curso, tanto en Ourense como en Celanova.
A continuación temos información sobre o mencionado e afamado autor

biografía



Rap de Deus ke te crew, baseado no poema de Celso Emilio : "Deitado frente ao mar"